Contando Estrelas cumpre 20 anos coa mesma liberdade e sen ningunha subvención

Tal día como hoxe, o 15 de xullo de 2004, publicouse o primeiro artículo deste blog. É difícil de crer, pero xa pasaron dúas décadas.

Son poucos os blogs que duran tanto, e menos aindq os que teñen un so autor. Porque ainda que algunhas persoas crean que isto é un diario cun grupo de persoas actualizándoo a diario, teño que decir que só estou eu para escribir, preparar as imaxes e publicar. Considérome moi afortunado de chegar ata aquí, sobre todo tendo en conta as persoas que, sendo máis xóvenes que eu, xa non están entre nós.

Fago un inciso: ainda que habitualmente só escribo eu este blog, neste 20º aniversario invitei a algúns amigos a escribir sobre Contando Estrelas. Trátase de persoas que sei que me leen e ás que valoro moito: Francisco José Alcaraz, Santiago Abascal, Luis del Pino, Małgorzata Wołczyk, Francisco José Contreras e Francisco Javier Fernández Tarrío. Agradézolles de corazón as fermosas palabras que me adicaron, unhas palabras que me teñen conmovido.

Este blog empezou sendo un pasatiempo literario. Non tiña máis aspiracións que iso. Pouco a pouco foi diversificando os seus contidos sobre outras cuestións que me importan. Hoxe en día Contando Estrelas adica gran parte dos seus contidos a temas de actualidade, non só porque me interesan, senon tamén por unha responsabilidade moral: con certas cousas que están a pasar no mundo, non dormiría tranquilo se non fixese algunha aportación para mellorar as cousas mediante a ferramenta que máis valoro e que mellor manexo: a palabra.

Como sabedes os que levades tempo lendo este blog, Contando Estrelas é un sitio libre e independente, pero non é neutral nin pretende selo. Teño uns principios moi claros que poderían resumirse, a grandes rasgos, na defensa de España, de Occidente, da liberdade e da vida humana. Non quero ser neutral e equidistante cando cousas tan importantes vense ameazadas de distintas formas. Tal vez non consiga moito con este blog, pero se consigo aportar argumentos que os resultan útiles, creo que isto xa terá merecido a pena.

Con todo, quero que teñades presente unha cousa: eu son só un tipo cun blog. Só pretendo defender os meus principios e contar cousas que me parecen interesantes. A autoría dos meus artículos é o menos importante. O que máis me importa é o que digo neles, e sobre todo me preocupa decilo con rigor, coherencia, liberdade e independencia. Precisamente por iso, este sitio non recibe subvencións nin as pide. Tampouco recibo ningunha clase de axudas de ningunha organización nin empresa. O sosteño eu cos meus propios recursos.

Nestes 20 anos teño publicado aquí máis de 23.500 entradas. Hoxe en día este blog léese en moitos países de fala hispana e tamén nuotros países, gracias á súa edición en inglés. No último mes os países con máis lectores foron, por este orde, España (a miña Patria), Estados Unidos, Arxentina, Colombia, México, Reino Unido, Chile, Perú, Venezuela, Alemania, Canadá, Francia, Países Baixos, Uruguay, Noruega, Italia, República Dominicana, Suecia, Costa Rica e un país polo que sinto un gran cariño: Polonia.

Obviamente, isto non existiría sen o apoio constante da miña familia, a asistencia técnica de Isaac (sobre todo tendo en conta a enorme cantidade de ataques informáticos que sufre este blog) e o apoio e a atención das personas que leedes a diario este pequeno rincón da rede e ós que compartides os seus contidos. E como son cristián, non podo olvidar que nada disto sería posible sen a axuda de Dios e a intercesión de San Xoan Pablo II, porque só así me explico que isto siga adiante e teña conseguido a gran audiencia que ten hoxe a pesar dos meus numerosos defectos.

Termino estas liñas, como outros anos, cos meus versos favoritos, un poema de J.R.R. Tolkien que me sirve de referencia dende fai moito tiempo:

O camiño segue e segue
desde a porta, onde comeza.
Agora o camiño foise lonxe,
e debo seguilo, se podo,
percorréndoo con pé lixeiro,
ata que se xunte cun camiño meirande
onde conflúen carreiros e sendas.
¿E a onde irei despois? Non o sei.

Espero que poidamos seguir léndonos moitos anos. Moitas gracias a todos polo valioso tempo que dedicades a lerme. Qué Deus os bendiga.

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, pulsa aquí para rexistrarte.